Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os BRICS como ferramenta económica de China nun novo mundo multipolar

Álvaro Malaina, Liying Zhou

  • Lonxe de ser un proxecto xeopolítico alternativo ao occidental, os autores suxiren que o proxecto BRICS é de índole fundamentalmente económica e que, dende a perspectiva de China, buscaría axudar ao seu ascenso á primacía económica mundial. Nese sentido, buscaría ao mesmo tempo aliviar o seu punto débil, a moeda, o iuán, para contrarrestar o poder do dólar e das institucións financeiras actuais, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial que, lideradas por Estados Unidos e polos países occidentais xunto a Xapón, rexen a economía mundial desde os acordos de Bretton Woods en 1944. O proceso dáse nun momento de reemerxencia post-globalización do poder dos Estados, pero coa pretensión de incrementar a interrelación cos seus socios estratéxicos, unha despolitización do seu crédito e influencia, así como a adaptación a un mundo crecentemente multipolar, onde todo semella indicar que non haberá xa hexemonías únicas como nos estadios bipolar e unipolar precedentes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus