Este texto analiza, en primeiro lugar, algunhas das principais hipóteses que contribúen a explicar o profundo cambio político ocorrido no país durante as últimas tres décadas, que converxe –aínda que seguramente non culmina- coa chegada da Fronte Ampla ao goberno en marzo de 2005, por primeira vez na historia uruguaia.
En segundo lugar, a análise céntrase na conxuntura máis inmediata determinada polo tramo final da segunda administración de esquerda baixo a presidencia de José Mujica. En momentos no que o país acaba de culminar unha década de crecemento económico ininterrompido e que as proxeccións do Banco Mundial acaban de situalo na franxa dos “países de renda alta”, a hipótese que se formula sinala que para continuar e consolidar as tendencias sociais virtuosas verificadas nos últimos anos, a sociedade uruguaia debe enfrontar o reto dalgunhas reformas estruturais inevitables como paso ineludible para confirmar un rumbo de desenvolvemento sostible.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados