O presente traballo describe os crimes internacionais cometidos nas dúas guerras ruso-chechenas (1994-1996 e 1999-2009), concretamente nos casos dos crimes de guerra e crimes de lesa humanidade. Ao mesmo tempo, analiza cales son os mecanismos de xustiza que teñen competencia para xulgar estes crimes (tribunais domésticos, rexionais, internacionais e tribunais de calquera país cun ordeamento xurídico que contemple o mecanismo de xurisdición universal). Por último, reflexiónase sobre as posibilidades de que estes crimes cheguen a ser xulgados
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados