Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Novela negra ou hibridación do xénero?: a cara máis íntima do mal en Todo é silencio de Manuel Rivas

María Xesús Lama López

  • Na achega de Rivas ao xénero policial analízase o peculiar tratamento do tema do narcotráfico, e a corrupción social e política asociadas, desde unha perspectiva intimista. Os protagonistas adolescentes xustifican que a obra se arrandee entre a bildungsroman e o xénero negro, e evidencian o efecto desarticulador do crime organizado tanto en sociedade como en individuos, pois todos, incluídos os criminais, son destruídos pola engrenaxe dun poder corrupto. Así o enfoque narrativo reforza a crítica social e moral, relegando a restauración da orde e a xustiza ao plano da utopía.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus