Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Innovación e Desenvolvemento da Acuicultura en Iberoamérica

Gonzalo Rodríguez Rodríguez (coord.), Hugo M. Ballesteros (coord.)

  • Este bloque temático sobre Innovación e desenvolvemento na acuicultura de Iberoamérica componse de catro artigos a través dos que se tratou de cubrir un dobre obxectivo. En primeiro lugar, buscouse identificar novas ideas acerca de como xestionar a innovación e o cambio na acuicultura. En segundo lugar, tratou-se de ofrecer unha mostra do "estado da arte" que cubra o maior número de especies, territorios e marcos teóricos posibles. E aínda que o grao de cobertura en todos estes temas é necesariamente limitado, os artigos incluídos constitúen unha mostra significativa e ampla en canto á cobertura dos campos propostos. Cómpre sinalar que esta iniciativa deriva da Rede Temática 108RT0351 - Innovación e desenvolvemento da acuicultura en Iberoamérica (ACUINNOVA), financiada polo Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento (CYTED), que entre os anos 2008 e 2010 auspiciou a adopción de marcos analíticos compartidos entre diversos equipos de investigación entrambos os dous lados do Atlántico.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus