Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Unha perspectiva combinada para acceder a cambios a curto prazo na situación económica de portugal e españa

João Veríssimo Oliveira Lisboa, Mário António Gomes Augusto, Juan Piñeiro Chousa

  • Este artigo propón un método diferente para identificar a curto prazo cambios na actividade económica. Usamos unha perspectiva baseada nas opinións de varios recoñecidos economistas españois e portugueses sobre a importancia dun grupo de indicadores individuais aceptados de forma xeral, que poidan avaliar a situación económica. O obxectivo do artigo é o de determinar a posición económica relativa nun período de tempo a curto e medio prazo e analizar a importancia da opinión dos economistas para describir a situación económica. Recolléronse datos trismestrais do período de 1995 a 2014 (1º semestre) das estadísticas da OECD.StatExtracts para Portugal e España. Os resultados apoian a idea de que as opinións dos economistas son importantes para explicar as características dunha economía. Malia que as súas opinións sobre o peso dunha variable determinada na descrición do nivel de actividade económica pode variar, implicitamente a longo prazo todas las opinións tenden a converxer nun mesmo patrón de evolución dunha situación económica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus