Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Resclima: a relevancia do factor social para enfrontar o cambio climático

Pablo Ángel Meira Cartea

  • O século XXI será recordado como o século do cambio climático. Será celebrado porque a humanidade terá sido quen de facer o cambio de rumbo civilizatorio necesario para mitigar os impactos que sufre e sufrirá a biosfera por un metabolismo humano, enerxético e socio-económico que ignora os seus límites. Ou será conmemorado porque non teñamos feito a tempo esa viraxe e as xeracións por vir haberán de sufrir unha biosfera inclemente e abrasadora. Todo depende de como as sociedades humanas estean a interiorizar esta ameaza, da efectividade dos mecanismos de representación social do cambio climático e das respostas que estes impulsen. O Proxecto Resclima analiza estas cuestións.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus