Manuel Sendón Trillo, Xosé Luis Suárez Canal
As imaxes fotográficas dun pobo son unha parte fundamental da súa historia. A fotografía galega tivo, co descubrimento da obra de Virxilio Viéitez, un punto de inflexión, que obriga ós estudiosos a recuperaren máis arquivos históricos e analizaren polo miúdo toda a evolución.
Son moitos os personaxes claves na fotografía galega desde hai cen anos. Este traballo estudia cales foron as achegas de Pacheco, Xosé Suárez, Virxilio Viéitez e todos aqueles que tiveron a súa voz nesa arte. O obxectivo é establecer unha serie de claves que determinen unha metodoloxía de estudio da fotografía que se fixo en Galicia desde as súas orixes
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados