Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Tendencias na temperatura superficial do mar ó longo da costa Atlántica da Península Ibérica

Xurxo Costoya Noguerol, Moncho Gómez Gesteira, María Teresa de Castro Rodríguez, Francisco José Santos González

  • español

    Realizouse unha análise da tendencia da Temperatura Superficial do Mar (SST) na zona do Océano Atlántico situada ó oeste da Península Ibérica (12˚W-30˚W, 36˚N-44˚N) para o período 1900-2011. Nesta zona, a SST mostra un comportamento cíclico, en concordancia co comportamento observado no Atlántico Norte noutros estudios, cunha tendencia xeral ó incremento (0.05ºC por década). Por outra banda, analizáronse as variacións da SST na zona costeira ó longo do arco Atlántico da Península Ibérica, dende o este do Golfo de Biscaia ata o Cabo San Vicente, a partir de datos de satélite, cunha resolución de 0.042 x 0.042 grados, para o período 1982-2010. Os resultados mostran un comportamento espacialmente homoxéneo, cun incremento en torno a 0.25ºC por década para toda a zona de estudio, con variacións ó longo do ano, rexistrándose na primavera e no verán os maiores incrementos (ata 0.5ºC por década).

    Os cambios observados na zona costeira mostran correlacións significativas cos índices da Oscilación Multidecadal do Atlántico (AMO) e da Oscilación do Atlántico Norte (NAO).

  • English

    Temperatura superficial do mar, tendencias, Atlántico Norte.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus