Without abstract
Irmão de idioma e esperanças. Así me definiu Afonso, en 1995, ao comezo da nosa relación, no seu prólogo ao meu libro sobre a revelación e así o repetiu, ao final (2015), no libro-homenaxe. Agradecido e saudoso, tralo seu temperán pasamento —“temprano alzó la muerte el vuelo”— así o defino tamén eu a el.Irmáns na raíz común do idioma, irmáns nas grandes esperanzas, irmáns na busca teolóxica. Tal foi –e continúa ser— o núcleo íntimo do noso encontro. Por iso este artigo quere ser ante todo recordo entrañábel e homenaxe de amizade. E, de paso,breve evocación da criatividade, finura e actualidade da súa teoloxía.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados