Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os grupos mediáticos poñen o ollo na economía da afiliación e a colaboración das redes sociais

Francisco Campos Freire

  • As grandes operacións de concentración e reestruturación de medios de comunicación teñen como protagonista directa ou indirectamente a Internet. As fusións e adquisicións de empresas mediáticas, que bateron record en 2006/07, convértense en reestruturacións a partir de 2008. A maioría da prensa e dos outros medios de comunicación enfróntase á crise de lectores, telespectadores e anunciantes tratando de multiplicar as súas operacións a través de Internet e de copiar do fulgurante modelo das chamadas redes sociais virtuais. Baseadas na cultura colaborativa de intercambio de mensaxes e arquivos (P2P), a partir de 2003 comezan a formarse comunidades de usuarios con múltiples intereses e aficións: parrafear, buscar amigos, amosar fotos, comentar novas... Forman parte do que se deu en chamar a Web social ou Web 2.0 e, de algún xeito, reemplazan por unha parte ao recente fervedoiro blogueiro e por outra á influencia dos medios tradicionais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus