Apélase á innovación como fonte de progreso: a imaxinación como facultade, en principio denostada na tradición Moderna, fronte ao entendemento, baseado na figura do Mesmo e na memoria, é agora recuperada como motor social. Ora ben, tralos enunciados agóchase a perspectiva economicista e unha liña conceptual que vinculou dende a súa orixe a imaxinación ao principio de realidade, á súa constitución e á súa perpetuación. A racionalidade capitalista permanece.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados