O presente traballo explora a represión levada a cabo por parte do bando nacional triunfante na Guerra Civil a través das obras dalgúns dos máis destacados artistas galegos que viviron nos anos trinta. O análise da arte galega de 1936-1939 débese facer valorando non tanto os aspectos técnicos como o contido das obras, a narración que nos ofrecen, intentando amosar diversas perspectivas sobre a emigración forzosa dos galegos, o derribamento do réxime republicano e o trunfo do franquismo, as prácticas represivas dos nacionais en Galicia, a dor desta nación ou os diferentes tipos de arte combativa.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados