Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de SOGAMA: todo o que sempre quixeche saber e a xunta tentou agochar

Fins Eirexas Santamaría

  • Logo de 8 anos de silencio, SOGAMA vén de publicar (por imperativo legal, consonte á Lei 1/2016 de Transparencia) a súa memoria de actividade de 2015. Desde 2008, e coincidindo coa chegada de Feijóo ao poder, as cifras de SOGAMA eran segredo de Estado. Tan só datos espallados nos Planos de Residuos e algún outro documento solto permitían a sociedade galega, accionista maioritaria da empresa (51% Xunta; 49% GN Fenosa), albiscar o que estaba a acontecer intramuros do complexo de Cerceda. As cifras que amosa esta memoria de sustentabilidade de 2015 (accesíbel na web da compañía e, por certo, só en español) explican a desgana coa que a Xunta partilla esta información en público. ADEGA debruzou polo miúdo este documento, extraendo as seguintes conclusións.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus