Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


SOGAMA: a xestión do lixo que galiza precisa?

  • Autores: Manuel Soto
  • Localización: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, ISSN 1136-2677, Nº. 76, 2016, págs. 10-13
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O 97% dos residuos que chegan a SOGAMA van a incineración e a vertido directo, limitándose a reciclaxe ao 3%. A nivel galego, a reciclaxe chega a un total do 12%, pola recollida de vidro e papel e a achega do ámbito Nostián (15%) e Barbanza (40%), pero o conxunto do país fica lonxe dos obxectivos europeos do 50%. Máis de 6 millóns de toneladas de residuos acumúlanse nos vertedoiros de SOGAMA, incluíndo medio millón de t de cinzas tóxicas. A contaminación volveuse un problema en toda a contorna. Ao tempo, a creación de emprego queda no 10% da que tería lugar nun modelo de xestión ecolóxica, perdéndose uns 3.000 postos de traballo no sector. A cidadanía paga dúas e tres veces a xestión dos mesmos residuos, cun custo que continúa a aumentar. É esta a xestión do lixo que Galiza precisa?


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno