Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común

Victor Barros

  • Partindo da idea de lusofonía como expresión da versión post-colonial da identidade nacional portuguesa, o autor reflexiona sobre as permanencias e as metamorfosis inherentes a algúns mitos subxacentes á memoria do imperio que aínda pensan nas formas discursivas de elaboración e representación dunha pretendida identidade lusófona.

    En consecuencia, nun diagnóstico sobre os usos da memoria, problematiza a forma en que a celebración dunha pretendida identidade lusófona (a partir dos aforismos “historia común”, “afinidades de sentimentos e de cultura”, “memoria común”…) oscila de forma contraditoria con outras memorias e representacións nacionais tamén presentes nas narrativas identitarias dos demais interlocutores do espazo considerado lusófono.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus