Odair Bartolomeu Varela, Suzano Ferreira Costa
O presente artigo pretende analizar a evolución histórica da CPLP, as rupturas, cambios e discontinuidades verificadas na acción exterior e diplomática da organización na súa relación coa organización política do mundo, o seu argumentario político de referencia, o discurso lexitimador e a retórica discursiva que preside a súa constitución sobre a base de argumentos políticos e concepcións teóricas hiper-identitarias como a lusofonía, o lusotropicalismo e os seus sucedáneos. A deconstrucción perspectivista dos fenómenos políticos permite conceptualizar a emerxencia da CPLP como unha figura política e institucional bastante débil e con fraca capacidade de afirmación externa nun contexto internacional marcado pola interdependencia complexa, polos desafios centrífugos da globalización e centrípetos da regionalización e polas demandas dunha xeopolítica multipolar e interdependente.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados