Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Aproximación á participación formal de cidadáns dos países lusófonos na política local portuguesa

Clemens Zobel, Carlos Elias Barbosa

  • Este texto procura explorar a participación formal dos migrantes dos Países de Língua Oficial Portuguesa na política local portuguesa. Tratase aquí de avaliar a influencia dunha grande diversidade de factores explicativos básicos no marco legal sobre o acesso formal dos nacionais dos países membros da CPLP á política local dos países onde residen e, en particular, a participación na política local portuguesa.

    Destácase o carácter restritivo da reciprocidade pero tamén as diferentes maneiras en que os gobernos dos países da CPLP se posicionan en relación a este principio legal. Procura tamén comprender as razóns explicativas sobre o fraco índice de inscrición electoral dos nacionais dos países membros da CPLP residentes en Portugal e lanza unha breve discusión sobre a mobilización dun pequeno grupo de individualidades que acceden aos cargos electorais


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus