Xosé María Torres Bouza, Fidel Martín Rocha
Este traballo describe unha panorámica da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento durante o goberno bipartito (PSdG-PSOE e BNG) da Xunta de Galicia, entre 2005 e 2009. Partindo dun breve repaso histórico e do estado da cooperación galega ata o ano 2005, amósanse as expectativas que no sector orixinou o cambio de goberno e a aprobación do I Plan Director cuatrienal. Asi mesmo, analízanse algúns instrumentos da cooperación indirecta como son as convocatorias públicas de axudas.
Respecto ás ONGDs, como axentes fundamentais do sector, introduce unha análise sobre o seu número en Galicia, o seu financiamento durante este período e a súa participación e rol no Sistema Galego de Cooperación. Do resto de axentes dáse unha visión máis sucinta, destacando os seus elementos propios valorativos.
Xa para rematar, ofrécese unha relación dos avances conseguidos e dos retos pendentes en materia de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados