Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Galicia, “célula de universalidade”: Reflexións sobre cultura e acción exterior [Conferencia de abertura]

Ramón Villares Paz

  • A concepción de Galicia como “célula de universalidade”, herdeira do programa do Partido Galeguista (1931) e plasmada no Estatuto de Autonomía de Galicia (1936) implica un reco- ñecemento histórico de Galicia como “nación cultural” e órgano vivo con vocación exterior.

    Rescatando esta tradición histórica, o presidente do Consello da Cultura Galega, reflexiona sobre as dificultades institucionais para trazar unha estratexia definida de acción exterior, avogando por deseñar unha planificación de “marca-país” que permita acuñar unha imaxe positiva e sensata de acción exterior. Neste sentido, compre definir prioridades e actores que permitan contextualizar o excesivo predominio do sector empresarial e económico a favor dunha diplomacia de índole cultural, ampliando horizontes dende áreas tradicionais (Europa, diáspora) cara outros destinos estratéxicos (Asia, lusofonía)


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus