Sendo a internacionalización unha necesidade e un compromiso, compre elaborar estratexias claras que permitan unha maior competitividade exterior para as empresas galegas. Isto implica un proceso de formación e de información que permita ás empresas minimizar os riscos da internacionalización e fixar obxectivos claros e concisos, analizando debilidades, carencias e fortalezas. O autor postula unha maior cooperación interempresarial, sumando sinerxías a través da creación de consorcios e clúster con eficaces estratexias de comunicación e de marketing, e abrindo novas perspectivas de internacionalización a través da diversificación e intensificación cos mercados emerxentes.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados