O autor xustifica a necesidade de internacionalización do sector audiovisual galego á vista da diversidade da cadea de valor da produción audiovisual e do contexto de competitividade baseado no capital humano. A apertura cara o exterior resulta así imprescindible, tendo en conta o contexto xeográfico e demográfico de Galicia, así como as carencias estruturais dos seus mercados “limítrofes” ou “contiguos” (España e Portugal). Neste proceso de internacionalización imponse a necesidade de captación e de impulso de recursos públicos e institucionais que, cunha capacidade de retorno, permitan igualmente propiciar políticas públicas de I+D+i.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados