Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A acción exterior vasca

Marián Elorza

  • A Secretaria de Acción Exterior do Goberno vasco expón os dous documentos chave da acción exterior de Euskadi, ambos aprobados en abril de 2014: a Estratexia marco de internacionalización 2020-Estratexia Basque Country; e o Plan de Acción exterior 2014-2016.

    Ambos os documentos apostan por unha maior presenza internacional de Euskadi a través de variables xeoestratéxicas que permitan posicionarse como actor activo e non como mero espectador dos acontecementos a nivel global. Nelas destacan o compromiso cunha Europa social e solidaria; o fomento da transversalidade, con especial énfase no carácter cultural e lingüístico vasco; a reactivación económica e do emprego; unha estratexia exterior clara, compartida e aberta ao tecido social vasco; a captación de coñecemento; e a inserción de axentes multisectorais vascos en diversos organismos internacionais, aproveitando ó mesmo tempo o valor estratéxico establecido polas Euskal Etxeak (casas vascas) repartidas en 25 países.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus