Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Tratamento cognitivo-condutual en formato grupal do transtorno obsesivo-compulsivo: primeiro achegamento

  • Autores: Maria Rosa Pizà Portell, Carmen Bermúdez de la Puente Andión
  • Localización: Psicoloxía clínica: anuario, ISSN-e 1889-1187, Nº. 3, 2009 (Ejemplar dedicado a: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro), págs. 274-282
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Obxectivos: Abordar o tratamento do transtorno obsesivo-compulsivo (TOC) desde un formato grupal.

      Obxectivos específicos: Comprobar: diminución de niveis de ansiedade, dos rituais, un mellor control de obsesións, redución de estratexias de afrontamento, escape-evitación, asociadas aos rituais compulsivos.

      Deseño e método: Mostra formada por 4 pacientes con criterios de TOC, que reciben ademais tratamento individual e farmacolóxico complementario. Grupo heteroxéneo en cronicidade, comorbilidade con outros transtornos, subtipo clínico, idade e sexo. A cada suxeito sonlle realizadas dúas avaliacións: unha pre e outra post-tratamento. O programa grupal ten unha duración de dous anos, aberto a novas incorporacións.

      Resultados: Diminución de síntomas específicos do transtorno e dos niveis de ansiedade basal.

      Conclusións: O formato grupal de intervención para o TOC mostrouse eficaz para a redución sintomatolóxica, para unha maior comprensión do transtorno e o seu funcionamento. O tamaño da mostra non permite establecer conclusións significativas, pero a análise preliminar dos datos amosa resultados prometedores.

    • English

      Objectives: To test the effectiveness of group cognitive-behavioural therapy for obsessive-compulsive disorder (OCD).

      Specific objectives: To prove the reduction of anxiety levels and compulsions, as well as to improve the capacity of coping with obsessive thoughts.

      Design and method: The sample was formed by 4 patients, all of them affected by OCD. All of them also follow individual and pharmacology therapy. Taking into account parameters such as chronicity, comorbidity with other disorders, age and sex, this is a heterogeneous group. Each participant was evaluated pre- to post-treatment. It is a two years therapy and additional patients can access treatment at anytime.

      Results : The OCD specific symptoms, as well as anxiety levels, were reduced.

      Conclusion: The group cognitive-behavioural therapy for OCD has proved to be effective, as a significant symptomatology reduction could be observed. The patients are able to understand more about their disorder. The small size of the sample doesn't allow us to establish final conclusions, but the preliminary data analysis shows good results.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno