Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A resposta de separación materna: a rata ou o diván

  • Autores: O. Carrera
  • Localización: Psicoloxía clínica: anuario, ISSN-e 1889-1187, Nº. 3, 2009 (Ejemplar dedicado a: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro), págs. 469-475
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O obxectivo desta comunicación é pór de relevo algunhas transformacións experimentadas na noción dun concepto chave da teoría do apego -a resposta de separación-, desde os contributos da investigación con modelos animais. A teoría do apego baseouse na etoloxía para introducir unha nova concepción do vínculo materno-filial, até ese momento explicado en termos de motivacións secundarias. Segundo Bowlby, a necesidade dunha vinculación primaria co proxenitor non deriva de ningunha outra función, e é esencial para a sobrevivencia dos humanos e outros mamíferos. Este vínculo faise particularmente evidente cando se interrompe, dando lugar á resposta de separación coas súas dúas fases de protesta e desesperanza. Esta resposta de separación non é un fenómeno especificamente humano, xa que tamén foi descrita en primates. Porén, foi a constatación de Hofer da existencia desta resposta en ratas de laboratorio a que supuxo un cambio máis radical na concepción do apego, cuestionando a necesidade de funcións cognitivas superiores para o establecemento do mesmo.

    • English

      The main aim is to highlight some transformations undergone by a key concept in the attachment theory -the separation response- from animal research contributions. Attachment theory was well grounded in ethology, modifying predominant infant attachment explanation that attributed the infant's attempts to stay near the familiar person to motivation learned through feeding experiences and gratification of libidinal drives. Within attachment theory, attachment is primarily a process of proximity seeking to an identified attachment figure for the purpose of survival. Bowlby described a biphasic protest–despair response following maternal separation in infants that has been described in non-human primates too. However, the deepest change in the attachment theory came from the discovery of the separation response in laboratory rats conducted by Hofer. This discovery provided us with an explanation for the separation response that does not depend on the complex mental and emotional processes we once thought were necessary to mediate the attachment bond.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno