Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Propensión a alucinacións nunha mostra de estudantes universitarios

Beatriz Abad Villaverde

  • English

    Hallucinations are the most common symptom of schizophrenia (APA, 2002), although they are not an invariable sign of the disease. Researches with nonclinical samples show that 37 to 39% of the participants, without psycopathological clinical history, had hallucination experiences similar to the ones described by clinical patients (Larøi et al., 2005b). This shows that this experiences happen along a continuum together with the normal ones. Thus, a vulnerability framework underlies appears where people without history of psychotic spectrum could show proneness towards hallucinations. Objective: To check if there is proneness towards hallucinations in a nonclinical sample of university students. Method: N= 387 university students 18 to 43 of age. The Launay-Slade Hallucinations Scale (LSHS;

    Larøi et al., 2005b), and the Symptom Checklist (SCL; Derogatis et al., 2002) were applied to know the participant's psycopathological profile. Results: 5.6% of the participants shows proneness to hallucinations. Paranoid ideation and Anxiety are the dimensions that correlates best with proneness towards hallucinations. The results are discussed with the current discoveries in publications.

  • galego

    As alucinacións son o síntoma máis común da esquizofrenia (APA, 2002), aínda que non son un signo invariábel doenza. Investigacións con mostras non clínicas amosan que entre o 37 e 39% dos participantes, sen historia clínica de psicopatoloxía, informa de experiencias alucinatorias similares ás descritas por pacientes clínicos (Larøi et al., 2005b). Isto indica que estas experiencias ocorren ao longo dun continuum coas normais. Subxace, pois, un marco de vulnerabilidade segundo o cal persoas sen historia de espectro psicótico poderían presentar propensión a alucinacións. Obxectivo: Comprobar se existe propensión a alucinacións nunha mostra, non clínica, de estudantes universitarios. Método: N=387 universitarios entre 18 e 43 anos. Aplicouse a Escala de Propensión a alucinacións (LSHS; Larøi et al., 2005b), e o Symptom Checklist (SCL; Derogatis et al., 2002), para coñecer o perfil psicopatolóxico dos participantes. Resultados: O 5.6% dos participantes presenta propensión a alucinacións. Ideación paranoide e Ansiedade son as dimensións que mellor correlacionan con propensión a alucinacións. Discútense os resultados fronte aos achádegos actuais na literatura.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus