Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A violencia de xénero

  • Autores: Mª Jesús Diaz Anca, Gloria Docampo Corral, Pilar González García, Mª Josefa Rivera González, Alicia Vilar Barreiro
  • Localización: Psicoloxía clínica: anuario, ISSN-e 1889-1187, Nº. 3, 2009 (Ejemplar dedicado a: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro), págs. 500-535
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      A través dunhas pinceladas da historia, contextualizaremos a violencia de xénero. Así mesmo, ofreceremos unha panorámica da mesma nas súas dimensións estrutural, simbólica e directa, así como de todos os seus xeitos de expresión, habitualmente reducidos aos malos tratos físicos pola parella ou exparella... Para comprender mellor os condicionantes da violencia de xénero, describimos a construción da personalidade e do rol de xénero, así coma os estilos defensivos característicos de cada un, e os factores condicionantes desta construción. Tamén se expoñen as repercusións da desigualdade e a violencia sobre a saúde das mulleres e proponse a estratexia cuádrupla como un modelo de intervención integral nas dimensións educativa, preventiva e asistencial, que contempla a actuación simultánea sobre todos os elementos das actitudes. Por último, falamos da metodoloxía da intervención, facendo fincapé no traballo con grupos e no uso dos campos simbólicos como instrumentos facilitadores da abordaxe daqueles elementos da nosa subxectividade que nos chegan a resultar intolerábeis. Todo isto aplicado tamén á formación das profesionais que traballan nesta materia.

    • English

      We will bring gender-based violence into context by showing some historic hints. In the same way, we will offer a general view of gender violence in its structural, symbolic and direct dimensions and also of all its expressions, usually restricted to physical abuse performed by male partners or ex-partners. In order to understand the determining factors of gender-based violence, we describe the construction of personality and of gender roles together with their characteristic defensive styles and the determining factors of this construction.The effects of inequality and violence on women’s health are also stated and the quadruple strategy is suggested as a comprehensive intervention model on the educational, preventive and healthcare aspects which establishes simultaneous action on all the elements of attitudes. Finally, we discuss the intervention methodology, emphasizing the work with groups and the use of symbolic fields as tools to help tackling those elements in our subjectivity that we may find unbearable. And this is also applied to train women working in this field.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno