Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de De pinturas, relatos, comunicacións e bolos

José Eduardo Rodríguez Otero

  • galego

    Paul Watzlawick, Beavin Bavelas e Don Jackson na súa obra “Teoría de la comunicación humana” (1967), expoñen o que eles denominan “algúns axiomas exploratorios da comunicación”. O tempo, o éxito e a difusión da súa obra fan que hoxe se chamen os axiomas da comunicación humana. Son os seguintes:

    - É imposíbel non comunicar.

    - Toda comunicación ten un aspecto de contido e un aspecto de relación, tales que o segundo cualifica o primeiro e é, polo tanto, unha metacomunicación.

    - A natureza dunha relación depende da puntuación da secuencia de comunicación entre os comunicantes.

    - Os seres humanos comunícanse tanto dixital coma analoxicamente.

    - Todos os intercambios son simétricos ou complementarios, segundo se baseen na igualdade ou na diferenza. Este artigo analiza a importancia destes axiomas na resolución de problemas nos procesos psicoterapéuticos, achegándose tamén á relación que manteñen co devir histórico e artístico. Para iso, explícanse e amósanse diferentes exemplos sobre episodios históricos, manifestacións artísticas asociadas a movementos culturais e filmes de grande impacto no século XX.

  • English

    Paul Watzlawick, Beavin Bavelas and Don Jackson in their "Pragmatics of human communication" (1967), presented what they called "some exploratory axioms of communication”. Eventually, the success and diffusion of their works are today called the axioms of human communication. These are:

    􀃭 It is impossible not to communicate.

    􀃭 All communication has a content and a relationship aspect such that the second qualifies the first and is therefore a meta-communication.

    􀃭 The nature of a relationship depends on the score of the sequence of communication between the callers.

    􀃭 Humans communicate both digital and analog.

    􀃭 All exchanges are symmetrical or complementary, as based on equality or difference.

    This article discusses the importance of these axioms in solving problems in the psychotherapeutic process, and the relation with the historical facts and artistic products. To do so, explain and show different examples of historical events, artistic and cultural movements associated with films of great impact in the twentieth century.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus