Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os medios de comunicación territoriais como conectores de contornas locais fragmentadas, garantes da preservación do patrimonio e activadores de modelos turismo de base comunitaria. O caso do proxecto de plataforma dixital canle Ribeira Sacra

María Mercedes Vázquez Vázquez, Andrea Olmedo Río

  • Pola súa especificidade, o seu apego ó territorio e a capacidade de mobilizar os axentes da contorna os medios locais rurais teñen un grande impacto nas áreas onde operan. Poucas televisións locais conseguiron superar o apagón analóxico e as que sobreviven buscan tamén superar a fenda dixital rural abríndose a internet. A estratexia máis común é activar a presenza en redes sociais privativas, o cal limita a súa especificidade e pon en cuestión o seu principio de independencia. Sirva esta comunicación para explicar o proceso de co-deseño da Canle Ribeira Sacra, unha plataforma online transmedia creada desde e para esta zona de Galiza. A través dela búscase contribuír á mellora dos lazos comunicativos entre pares e á cohesión deste territorio nun momento chave no que considerar a pertinencia da súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola Unesco.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus