O O impacto da tecnoloxía na función de recursos humanos é un feito incuestionable hoxe en día. Este impacto, máis alá do acaecido na primeira fase de automatización de procesos, baséase actualmente na capacidade da tecnoloxía para xerar novos mé- todos, novos procesos e novas formas de afrontar a realidade organizativa, antes inexistentes. Neste artigo descríbense basicamente estes impactos tecnolóxicos remitíndoos aos obxectivos explícitos da xestión dos recursos humanos: atraer, desenvolver, reter e motivar o talento. Así, recórrese á tecnoloxía desenvolvida nos procesos de atracción do talento prestando especial atención aos novos tipos de test, ao emprego dos mesmos en contextos non controlados a través de Internet e á chegada do uso das redes sociais nos procesos selectivos; analízase a contribución da tecnoloxía no campo do desenvolvemento de persoas no que se refire ao e-learning e na chegada dos MOOCs; finalmente faise referencia á situación propiciada polo Big Data e o HR Analytics no estudo dos procesos de mantemento do talento: desempeño, retención e motivación. Concluímos o traballo discutindo algunhas das implicacións que este impacto tecnolóxico ten sobre profesionais da xestión dos recursos humanos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados