Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A evolución e a consolidación da psicoloxía do traballo e das organizacións na estrutura colexial

José Luis Domínguez Rey

  • Ofrécese unha sinopse da evolución da área da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións ata a súa constitución en sección profesional, mencionando aquelas actividades e eventos que facilitaron o seu avance. No marco da estrutura colexial, un grupo de profesionais co seu esforzo e coa súa dedicación, fomentaron a través dos anos a participación en tarefas e en compromisos para o desenvolvemento da actuación profesional. Nos seus inicios, a área tivo un percorrido pausado, por etapas, pero celoso de elaborar un proxecto e dar visibilidade a un ámbito emerxente no mercado laboral, así como normalizar o seu funcionamento e crear espazos de traballo para tratar tanto problemáticas como cuestións técnicas. Descríbense episodios e circunstancias que fixeron posible chegar ata o presente e seguir fortalecendo as iniciativas que permitan ampliar metas, novas estruturas de funcionamento e as boas prácticas profesionais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus