Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Programa de adestramento en competencia e cognición social en doentes con dano cerebral: e-motional training

Yolanda Maroño Souto, Miriam Vázquez, Alejandro A. García Caballero

  • INTRODUCIÓN: Os doentes con dano cerebral adquirido presentan diversos trastornos neurocognitivos e emocionais, incluídos cambios na cognición e na competencia social (CS), un constructo que comprende a percepción de emocións (PE) e a percepción social (PS), a teoría da mente (ToM) e o estilo atributivo (EA). O obxectivo deste estudo é poñer a proba a eficacia dun novo programa en liña de adestramento en CS, e-Motional TrainingTM.

    MATERIAL E MÉTODOS: Estudo piloto prepost intervención en 12 doentes con dano cerebral da Área Sanitaria de Ourense. Intervención: e-Motional TrainingTM inclúe módulos de adestramento en percepción emocional e microexpresións, así como unha curtametraxe de debuxos animados para o adestramento en ToM e EA, alén de feedback metacognitivo e titoriais formativos. Variables: percepción emocional (Ekman 60 Faces Test), ToM (vi- ñetas de Happé, Test das Insinuacións e o Test Faux Pas), estilo atributivo (AIHQ) e intelixencia emocional (MSCEIT) . Análise estatístico: análise descritiva e comparación de variables cualitativas e cuantitativas. O risco α foi de 0,05. As análises realizáronse empregando SPSS 15.0 e Epidat 4.1.

    RESULTADOS: Os doentes con dano cerebral adquirido mostran dificultades en percepción social, ToM e un nesgo a interpretar negativamente as intencións dos demais. O programa e-Motional TrainingTM obtén resultados estatisticamente significativos (p < 0,05) nestes dominios da CS.

    DISCUSIÓN: e-Motional TrainingTM permite o autoadestramento en CS e o seguimento en liña do terapeuta, pretendendo completar a rehabilitación neuropsicolóxica dos doentes con dano cerebral.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus