Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Zelda Fitzgerald: unha artista á sombra do seu marido

  • Autores: Vanesa Vázquez Novo
  • Localización: Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015 / Anabel González Penín (dir.), Ana Jesús López Díaz (dir.), Eva Aguayo Lorenzo (dir.), 2015, ISBN 978-84-8158-694-7, págs. 249-258
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Cando se fala dos anos vinte, da xeración perdida ou da época do jazz nos Estados Unidos todo o mundo pensa en escritores como Scott Fitzgerald, autor do Gran Gatsby. Porén, cantos coñecen a Zelda Fitzgerald? Poucos saben que Zelda foi moito máis ca unha simple esposa.

      Destacou como escritora, bailarina e pintora, mais a relación tumultuosa que mantivo con Scott Fitzgerald, xunto cos seus ataques nerviosos, non lle permitiu avanzar e situarse no lugar que merecía. Unha das características máis importantes de Zelda é a súa personalidade contraditoria.

      É dicir, por un lado, actúa con frivolidade, como as flappers dos anos vinte pero, por outro lado, Zelda é unha muller culta cunha gran curiosidade intelectual que a vai empuxar a ler moito, escribir, pintar e, aos seus 27 anos, retomar as clases de ballet. Tras permanecer toda a vida á sombra do seu marido, hai momentos nos que se rebela e decide encontrar a súa verdadeira identidade. Isto será precisamente o que faga coa súa novela Save Me the Waltz (1932) na que a través da protagonista e alter ego Alabama, Zelda cumprirá o seu soño de bailar nunha ópera como bailarina solista. As seguintes páxinas son unha pequena parte do traballo de fin de grao titulado Zelda Fitzgerald: flapper e escritora (2014) e o obxectivo principal desta comunicación consiste non só en resaltar a figura de Zelda como escritora, senón tamén en mostrar os cambios físicos e psicolóxicos que experimentou desde os anos 20 até a súa morte en 1948.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno