Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Potencialidade do Proxecto Ríos no ensino secundario: primeira avaliación na aula

Lucía Parente, Patricia Sanmartín Sánchez, Laura Fernández López

  • Desde 2005 a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) desenvolve a iniciativa de educación e voluntariado ambiental Proxecto Ríos que a día de hoxe conta con máis de 300 grupos de participantes e que suman a máis de 3.000 persoas en toda Galiza, que cada ano se mobilizan para coñecer, poñer en valor e conservar os ecosistemas fl uviais. Moitos dos grupos participantes neste programa son centros de ensino, dos que un 24% corresponden a Institutos de Ensino Secundario. O obxectivo deste traballo foi o de avaliar por primeira vez nunha aula de ensino secundario as potencialidades do programa de educación ambiental Proxecto Ríos. Para iso, foron preparadas unha seriae de actividades a desenvolver na aula e no río coas que 1) se avalía como as actividades de Proxecto Ríos melloran a comprensión dos conceptos sobre ecoloxía, 2) se comprende se estas actividades axudan ao coñecemento da contorna favorecendo a aprendizaxe situada, e 3) se examina se son estas actividades un bo xeito para desenvolver a conciencia ambiental no alumnado de secundario (4º da ESO). Os resultados obtidos indican que o Proxecto Ríos axuda a comprender mellor os conceptos eco-lóxicos, favorece a aprendizaxe situada e contribúe en certa medida a incrementar a conciencia ambiental do alumnado


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus