Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de "Andando a terra" ou a construción dun espazo simbólico

Carme Fernández Pérez-Sanjulián

  • Os artigos de Manuel María publicados entre 1977 e 1989 na sección “Andando a Terra” do xornal A Nosa Terra, sob o pseudónimo de Manuel Hortas Vilanova, son utilizados neste traballo como microcosmos onde observar determinados núcleos temáticos que, a modo de columna vertebral, organizan o conxunto do discurso do seu autor. A análise detense especialmente no conxunto de artigos centrados na construción dun discurso autorreferencial nacionalista; neles revísanse as estratexias a través das cales o autor delimita tanto o espazo, como o núcleo simbólico da nación, aquí practicamente sinónimo de grupo letrado. Sublíñase a relevancia deste procedemento, non só como elemento lexitimador do nacionalismo, senón tamén como creador de referentes imprescindíbeis nun país negado, necesitado de conformar a súa propia narración nacional.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus