A primeiros dos anos 70, Saleta Goi e Manuel María inauguran en Monforte de Lemos a librería Xistral, que se converterá nun centro irradiador de cultura non só da cidade senón tamén en toda Galicia. Moitas xeracións encontraron nese espazo alternativo á sociedade oficial unha referencia para construírse como novos suxeitos políticos e cidadáns. Para os máis novos, Xistral foi unha nave interestelar que nos levaba directamente ás profundidades do cosmos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados