Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Mudando o enfoque: da sesión maxistral aos grupos cooperativos en Matemáticas Financeiras

Fernando DeLlano-Paz, Paulino Martínez Fernández

  • galego

    O nivel de control e supervisión do proceso de ensino-aprendizaxe na materia de Análise das Operacións Financeiras na Facultade de Economía e Empresa da UDC baséase na formulación puntual de probas. O período de avaliación continua segue un ritmo mensual. Os autores propoñen aplicar un cambio no método de aprendizaxe para cubrir a posible ausencia de “tempos” académicos (presenciais e non presenciais) nos que constatar o traballo dos conceptos da materia e a asimilación dos mesmos.

    A reflexión presenta tres grandes eixos: metodoloxía, planificación e organización da docencia. A proposta metodolóxica reside na aplicación de grupos cooperativos como facilitadora dun papel activo do estudante, de responsabilidade e esixibilidade persoal cara á aprendizaxe e cara ao grupo, que permite a interacción entre iguais para asimilar mellor os conceptos e que ten na autoanálise crítica da actuación dos membros do grupo unha das súas bases fundamentais. O traballo propón un primeiro achegamento a esta metodoloxía de aprendizaxe a través da aplicación práctica ao tema “Operacións Financeiras de Préstamo”. A percepción do cambio metodolóxico é positiva tanto en docentes como en alumnos consultados. A dinámica reflexiva é enriquecedora, e anima aos autores para seguir propoñendo novas actuacións no marco da docencia nesta materia.

  • English

    The level of control and supervision of the teaching-learning process in “Analysis of Financial Operations” in the Faculty of Economics and Business of the UDC is based on exam-tests, with a monthly rhythm. The authors propose to apply a change in the learning method to cover the possible absence of academic "time" (on-site class and non in-person class) in order to observe the assimilation of theoretical and practical concepts. The reflection proposal presents three main axes: methodology, planning and teaching organization. The proposed methodology is based on the application of "cooperative learning groups": the student has an active role, and responsibility and personal demand towards learning and trough the group is developed, which allows the interaction between equals to better assimilate the concepts. The methodology also includes the self-analysis of the member performance´s as one of its foundations. Besides, a first approach to this learning methodology through practical application to the topic "Financial Loan Operations" is also proposed by the authors. The perception of methodological change is positive both in teachers and students. The proposal dynamic is enriching and encourages authors to continue exposing new activities within the framework of teaching in this subject.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus