Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Montes de Coruxo: de lume a lume, na procura do bosque encantado

Rubén Blanco, Afonso S. Rodríguez

  • No ano 1992 a Comunidade de Montes Veciñais de Man Común (CVMC) Común de Coruxo iniciaba a súa andadura, emprendendo un proceso de transformación do monte comunal que continúa a día de hoxe. Os comuneiros e comuneiras herdábamos un monte que as distintas administracións xestionaran até entón cun enfoque produtivista, orientado ao cultivo de especies de crecemento rápido, nomeadamente eucalipto branco (Eucalyptus globulus), piñeiro bravo (Pinus pinaster) e acacia negra (Acacia melanoxylon). Unha vez recuperada a propiedade comunal, as directivas que se foron sucedendo substituíron gradualmente a masa arbórea orixinal por unha formación máis diversa, cunha presenza cada vez máis importante de frondosas autóctonas. O monte gañaba ano tras ano en calidade paisaxística, en biodiversidade... Todo cambiou o día 15 de outubro de 2017, cando o 73% da superficie comunal resultou calcinada por un devastador incendio forestal.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus