Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A mina de Touro-O Pino, de macrovertedoiro a megaexplotación mineira

  • Autores: Xan Louzao, Fins Eirexas Santamaría
  • Localización: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, ISSN 1136-2677, Nº. 79, 2018, págs. 20-23
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • En 1973 comezou a explotación da mina pola empresa Río Tinto, que continuou ate 1986. Abandonada a actividade, os terreos ficaron sen restaurar, contaminando fortemente as augas subterráneas e superficiais, como ten demostrado ADEGA a través de sucesivas analíticas –a última en decembro de 2017- nas últimas tres décadas. A partir de 2000, a mina utilizouse para o depósito de enormes cantidades de residuos, aparecendo entón a contaminación do aire polos fortes cheiros xerados. A esta situación, sumábase hai un ano a solicitude de reapertura da explotación mineira baixo o nome comercial “Cobre San Rafael S.L.”. O novo proxecto, impulsado pola actual concesionaria Explotaciones Gallegas, S.L, xunto coa multinacional chipriota Atalaya Mining, pretende extraer cobre en toda a extensión que ten concedida até o ano 2068, que abarca máis de 2.000 Has (20 km2), partindo o concello de Touro en dous e ocupando tamén parte de O Pino. A oposición veciñal á mina foi medrando segundo se foron coñecendo os pormenores do proxecto nun contexto administrativo pouco transparente. Agora saen á luz informes sectoriais das diferentes consellarías, previos á declaración de impacto ambiental, que aínda reafirman máis a oposición á mina.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno