Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Emapic: cartografía participativa ao servizo da cidadanía

Francisco-Alberto Varela-García, Daniel Veira Ferrín

  • Emapic é un proxecto asociado ao Laboratorio CartoLab da Universidade da Coruña que permite xestionar información ou opinión distribuída sobre un mapa, de forma sinxela e inmediata. As súas funcionalidades van máis alá dunha ferramenta en código aberto para a creación de enquisas online, pois é unha aplicación de representación cartográfica de datos xerados en procesos colaborativos de participación cidadá. Calquera tipo de dato facilitado por participantes vía navegadores web ou móbil pode ser rexistrado para ser de utilidade en calquera ámbito de análise, investigación e xestión urbana ou territorial.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus