O obxectivo fundamental do presente traballo é analizar a función titorial na Comunidade de Galicia. Unha proba elaborada para o efecto foi cuberta por 161 titores e titoras que se manifestan satisfeitos na súa tarefa e consideran que esta é bastante importante para a educación do alumnado e o funcionamento do centro. Entenden que as funcións da acción titorial establecidas na normativa son importantes. As administracións educativas deberían prestar máis atención á formación de titores e titoras.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados