Madrid, España
A través dos escritos de Julián Marías e de José Luís López Aranguren faise un percorrido polo cambio cultural que se fraguou en España desde a década de 1960. O horizonte intelectual da España de 1960 non era xa o sistema de valores e ideas culturais do franquismo, senón o daqueles intelectuais e escritores cuxas biografías, obra e pensamento sufriran descualificacións e prohibicións tras a guerra e no primeiro franquismo. Estes intelectuais conquistaron determinados ámbitos ou espazos de liberdade, grazas aos que a cultura española logrou recobrar o pulso da modernidade. Este feito foi, ademais, esencial na recuperación da conciencia democrática en España.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados