Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Intelectuais e autonomía

Antón Baamonde

  • Non pode entenderse o horizonte político do galeguismo senón é usando a linguaxe do nacionalismo. Como pode comprobarse cando se analiza o movemento galeguista no final do franquismo e no momento da transición política, a súa preferencia era por partidos de ámbito propiamente galego e por unha España federal na que puidesen satisfacerse as demandas nacionais de Galicia, tanto materiais como morais. Só nun segundo momento, cando se comproba o éxito electoral da UCD e AP en Galicia –partidos que estaban formados por xente que proviña da administración franquista–, dáse o paso claro ao galeguismo entendido como unha acción transversal. Esa dilución da mensaxe buscaba unha maior eficacia para similares obxectivos de fondo. Os galeguistas adaptáronse –intercambiaron lexitimidade por influencia– pero mantiveron un programa nacionalitario.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus