Santiago de Compostela, España
Situamos a escritura destes “ensaios” poéticos en “dialecto berciano” no seu contexto histórico, marcado pola eclosión da filoloxía como disciplina científica grazas ao impulso recibido do método histórico-comparativo, á súa vez enmarcado no pensamento evolucionista, que determina cambios importantes no pensamento científico contemporáneo. Mostramos que esta obra non é unha excepción, pois tamén outras en lingua galega xurdiron impulsadas por este interese pola orixe das linguas e os seus procesos de diversificación. Detémonos nas encargas de Mariano Cubí e no empeño e condicións de Fernández Morales para satisfacelas. Finalmente, comprobamos en que medida o retrato da variedade lingüística seleccionada foi fiel á realidade que quixo documentar.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados