Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Da Facultade de Economía e Empresa (UDC) á práctica profesional: o TFG baseado en ABPy como ponte académica-formativa “experiencial”

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. / Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.), 2019, ISBN 978-84-9749-712-1, págs. 199-212
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      A proposta dun Traballo de Fin de Grao é unha responsabilidade para o docente que o oferta, por canto neste deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos do Grao, xunto coas competencias e habilidades adquiridas. Sen embargo a responsabilidade é compartida, xa que é a/o estudante quen debe demostrar a súa capacitación en competencias propias do saber das disciplinas estudadas.

      Neste contexto os autores propoñen o emprego da metodoloxía da “Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABPy)” como a máis acaída para desenvolver o TFG titulado Análise de produtos bancarios dende unha perspectiva financeira e ofertado na Facultade de Economía e Empresa (UDC) para un grupo máximo de 4 estudantes no curso 2017-18. O problema dinamizador é propio do mundo real e da práctica profesional dun egresado do Grao en ADE/Economía: analizar o impacto que ten no custo para o cliente dunha entidade financeira os cambios nas variables que afectan ao mesmo dentro do contexto da transparencia das operacións e protección da clientela.

      Os resultados acadados son moi satisfactorios tanto para o alumnado como para os docentes. A metodoloxía é a acaída para este TFG, co que se ofrece unha entrada titorizada na práctica profesional financeira.

    • English

      The proposal of a Final Degree Project is a responsibility for the teacher, because in this Project offered the Degree's training content must be integrated and developed, together with the skills and abilities acquired. Nevertheless the responsibility is shared, since it is the student who must demonstrate their qualification in own competitions of the knowledge of subjects studied.

      In this context, the authors propose the use of the methodology of "Project Based Learning (ABPy)" as the most appropriate to develop the TFG entitled Analysis of banking products from a financial perspective and offered at the Faculty of Economics and Business (UDC) for a maximum of 4 students group during 2017-18 academic year. The dynamizing problem is based on one of the profesional current practice of a graduate of the Degree in ADE / Economics: analyzing the impact of different changes managed by a financial institution on the variables that affect the cost for the client within the context of transparency of operations and customer protection The results achieved are very satisfactory both for students and for teachers. The methodology is appropriate for this TFG, which offers a tutored entry in professional financial practice.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno