Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Potenciando o traballo en equipo

María Dolores Sánchez Fernández, José Ramón Cardona

  • A actividade que se comenta a continuación busca achegar as pautas das universidades anglosaxoas aos estudantes do Grao en Turismo. Os obxectivos pretendidos con esta actividade son: aprender a confeccionar equipos e a traballar en equipo; familiarizar coa estrutura, redacción e como referencian un traballo académico; introducir na procura de información e investigación social; aprender a expor os resultados obtidos de forma clara, concisa e atractiva; ampliar coñecementos en contidos que non están no currículo académico do grao; detectar alumnos con potencial investigador.

    A avaliación realízase a través do traballo escrito (valorando dificultade, formato, redacción e sofisticación da análise) e a exposición (estrutura, presentación visual e oral) en proporcións de 80% e 20%, respectivamente. Nos dous cursos de aplicación (2016-2017 e 2017-2018) obtivéronse resultados óptimos en canto á calidade dos traballos e exposicións, pero permitiu que os alumnos melloren diversas habilidades básicas e sexan conscientes do seu propio nivel a través das exposicións en clase.

    O deseño da actividade realízase en base aos coñecementos adquiridos polo profesor en investigación e saliéntanse nas sesións aspectos que foron detectados como debilidades nos traballos de anos anteriores e na elaboración de Traballos Finais noutras universidades de España e Europa. O obxectivo a longo prazo é que os alumnos eviten cometer erros básicos en documentos técnicos e sexan capaces de realizar análises críticas de calidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus