No ámbito do ensino das linguas modernas, o desenvolvemento dos enfoques comunicativo-accional, construtivista e competencial levou nos últimos anos á busca de novas metodoloxías de ensino. Unha das que máis pulo parece estar collendo ultimamente é a da clase invertida. Neste traballo presentamos os resultados dun proxecto de creación de materiais de francés para poñer en práctica a clase invertida en cuarto da ESO e nos niveis básicos da EOI.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados