Este artigo analiza o proceso de planificación das actividades de aprendizaxe que cada docente desenvolverá na súa práctica diaria cun grupo concreto de alumnos e alumnas. Explicaremos como a práctica docente está determinada pola pedagoxía e polo currículo. Este último fixa non só o que o alumnado ten que saber facer, senón a vinculación no ámbito de competencia que cada elemento curricular ten e como esta competencia establece a metodoloxía que se debe empregar para traballar ese elemento curricular na aula. Tamén abordaremos como a avaliación das actividades desenvolvidas na clase ten que ser levada a cabo non só como mecanismo de avaliación continua do alumnado, especialmente das competencias, senón tamén como instrumento que proporciona información sobre o impacto que esas actividades tiveron na aprendizaxe do alumnado, o que debe ser utilizado para reconsiderar a práctica diaria.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados