Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Descrición e prescrición na "Gramática" de Saco

Ernesto Xosé González Seoane

  • A aparición, a mediados do século XIX, das primeiras gramáticas do galego propicia a reflexión dos seus autores acerca de dúas cuestións fundamentais: por unha banda, determinar que variedade ou variedades se van empregar como punto de referencia do estudo gramatical e, por outra, decidir se o enfoque con que se vai abordar este será eminentemente descritivo ou de carácter máis ben prescritivo.

    O traballo analiza o posicionamento de Saco con respecto a estas dúas cuestións, poñéndoo en relación coas opinións dos seus contemporáneos. Neste sentido, canto ao ideal de lingua, o traballo salienta a fidelidade de Saco ao galego rústico e aldeán, que contrasta agudamente coas posicións maioritarias sostidas por outros autores do momento, que manifestan polo xeral uns fortes prexuízos antipopularistas. Por outra banda, constátase tamén a adopción na gramática de Saco dunha perspectiva decididamente descritiva, que se manifesta na incorporación no texto de variantes de diferente tipo (fonético, morfolóxico, léxico) e nunha forte contención dos comentarios de carácter prescritivo


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus