Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Delimitación semántica do concepto antropolóxico do xénero

  • Autores: Inés Veiga Mateos, Belén Poutón Reboredo, Tania de Dios
  • Localización: Cadernos de lingua, ISSN 1130-5924, Nº. 37, 2019, págs. 79-114
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      A oposición home/muller non reside unicamente na distinta natureza sexual dos corpos, senón que tamén implica a adopción de distintos roles na sociedade. Desde o mesmo momento en que nacemos, as persoas estamos expostas a un gran número de condicionantes e estereotipos que reflicten o que a sociedade espera de cada corpo. A diferenza da noción de sexo, empregada maioritariamente para aludir aos trazos biolóxicos, o concepto de xénero desenvolveuse no discurso feminista para designar o conxunto de paradigmas socioculturais que promovían a inferioridade da muller e a súa subordinación ao home. Neste artigo afóndase no significado do termo xénero e os novos sentidos que foi adquirindo co paso do tempo. Para iso, analízanse en primeiro lugar as definicións rexistradas para as voces sexo e xénero en diversos dicionarios xerais, co obxectivo de determinar se identifican satisfactoriamente cada unha das nocións aludidas. Seguidamente, estúdanse diversas unidades poliléxicas formadas a partir da palabra xénero a fin de comprobar se o significado que adquire nestas expresións coincide co especificado nos repertorios anteriores. Por último, expóñense as principais conclusións observadas neste estudo.

    • English

      Man/woman opposition is not solely determined by sex distinction, but also by the different social roles they fulfil. Based on their bodies, people are exposed to prejudice and stereotypes affecting their social behaviour. The term sex is usually associated with a person’s biological characteristics, while gender was first employed in feminist discourse to refer to sociocultural paradigms leading to women’s inferiority and subordination to men. This paper focuses on the study of the meaning of gender and the new senses acquired over time. To this purpose, definitions of sex and gender in general dictionaries will be analysed. Then, several multiword expressions containing the term gender will be studied on a case-by-case basis. Finally, conclusions will be drawn.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno